A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” acaba de publicar a nova guía dos destinos favoritos dos observadores de aves en Galicia. A súa diversidade de paisaxes (fragas, lagoas, campiñas, ríos, áreas urbanas, encoros, rías, praias, cantís, mar aberto…) é fogar, ao longo do ano, dunha extensa lista de especies.
Nalgúns destes lugares especiais navegamos coa Xouva eléctrica e accesible, sen ruído, sen vibracións, sen olor. En calquera estación do ano, temos a sorte de observar nesta bisbarra numerosas aves aves moi raras. Como di Antonio Sandoval (autor desta guía tan útil), aves divagantes ou rarezas.